Ir ao contido
BARRIOMEL
Colmeas nun prado co bosque galego ao fondo

Apicultura familiarMonterroso

Mel cru do bosque galego

Colleita propia, sen pasteurizar nin mesturar. O mesmo que comemos na casa, en tarros de 1 kg, 500 g e 300 g.

Por que sabe distinto

  • Cru e sen filtrar

    Só o deixamos decantar. Non o quentamos, así conserva o pole, as enzimas e o aroma que o mel industrial perde polo camiño.

  • Dun só colmeal

    Non compramos nin mesturamos mel de terceiros. Todo o que vendemos saíu das nosas colmeas.

  • Colleita limitada

    Retiramos o que as abellas nos deixan sen forzar a colmea. Cando se acaba, hai que esperar á seguinte.

  • Trato directo

    Sen intermediarios nin pasarela de pagamento. Escríbesnos, acordamos o pagamento e se cho mandamos ou o recolles, e listo.

Unhas poucas colmeas e moito monte

BARRIOMEL non é unha empresa: son unhas colmeas nun prado, ao lado do bosque, e o traballo de coidalas todo o ano para sacar o mel dun par de colleitas.

As abellas traballan nun radio duns tres quilómetros, e por aquí o que hai é silva, castiñeiro, eucalipto e monte. De aí sae o sabor forte, que non se parece nada ao do mel de supermercado.

Por iso o vendemos de ti a ti: a cantidade é a que é, e preferimos que saibas de onde vén o que comes.

Cadro da colmea cuberto de abellas durante unha revisión

Da colmea ao tarro

Cadro de mel operculado suxeito coa man, metade selado con cera
  1. 1

    Revísase a colmea

    En tempada abrimos cada colmea cada poucas semanas para comprobar tres cousas: que a raíña estea a poñer, que non lles falte comida e que non estean enfermas.

  2. 2

    Cátase cando está listo

    Retiramos só os cadros operculados, os que a abella xa selou con cera porque o mel está no seu punto de humidade.

  3. 3

    Extráese en frío

    Desoperculamos a man, extraemos con centrifugadora e deixamos decantar por gravidade. Nin un grao de calor.

  4. 4

    Envásase e sae

    Ao tarro directamente desde o decantador, e de aí á túa casa. Sen almacén nin meses de estantería.

O colmeal

Fotos da tempada, feitas onde traballan as abellas.

  • Fila de colmeas ao abrigo do bosque
  • Cadro de mel operculado sobre o banco do obradoiro
  • Cadro da colmea cuberto de abellas durante unha revisión
  • Cadro de mel operculado suxeito coa man, metade selado con cera

Preguntas frecuentes

Facedes envíos?

Si, por Correos. Os portes págaos o comprador e dependen do peso do paquete, así que dicímosche o importe exacto antes de pechar o pedido. Se estás pola zona, tamén podes recollelo en man e aforras ese gasto.

Púxose duro, está malo?

Ao contrario, é bo sinal: o mel cru cristaliza só co tempo e co frío. Se o queres líquido outra vez, mete o tarro ao baño maría sen pasar dos 40 graos. Nunca ao microondas.

Podo levar varios quilos?

Si. Para cantidades grandes escríbenos antes, porque a colleita é limitada e convén reservar.

Sabe sempre igual?

Non, e é normal. Cada colleita depende do que florecese ese ano, así que a cor e o sabor cambian un pouco dunha á outra.

Escríbenos e pechámolo

Non hai carro nin pagamento en liña: a venda é directa. Escríbesnos por onde che resulte máis cómodo, e mandámoscho por Correos ou recólleo en man, como che veña mellor.

WhatsApp